Elmet

Elmet foi un reino celta independente que ocupaba unha ampla área do que máis tarde se converteu na West Riding of Yorkshire durante a alta Idade Media, entre aproximadamente o século V e principios do século VII [1]. Malia seren pouco claras as súas fronteiras, parece que acadaban o río Sheaf polo sur e o río Wharfe polo leste. Lindaba con Deira polo norte e Mercia polo sur, e semella que a súa fronteira occidental estaba preto de Craven, que era probabelmente un reino britano menor.

Elmet foi invadido e conquistado por Northumbria no outono de 616 ou 626. Pouco fica para testemuñar a súa existencia anterior, pois hoxe existe escasa evidencia arqueolóxica e histórica. As únicas pegadas físicas que perduran deste reino, fóra dos textos nos anais posromanos, foron os terrapléns defensivos preto de Barwick-in-Elmet, os nomes doutras aldeas na zona (e.g. Sherburn-in-Elmet), e nas raíces celtas de varios topónimos locais.

  1. https://web.archive.org/web/20080328132558/http://www.geocities.com/heartland/lane/8771/elmete.html |“Kingdom of Elmete”, por Heartland (24 October 2007) [en inglés]

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search